Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A guerra de Ucranía tamén afecta aos topónimos: Kiev ou Kíiv?

O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega (RAG) aprobou, na súa última reunión, as adaptacións ao galego de varios topónimos de Ucraína, a capital e outras cidades. Segundo explicou a RAG este martes a través dun comunicado, de acordo coas recomendacións internacionais e a "necesaria transliteración" desde o alfabeto cirílico da lingua ucraína, utilizarase Kíiv para o caso da…

Os menores de 16 anos aproban polos pelos a oferta cultural en galego

Uun informe presentado polo Consello da Cultura Galega acaba de poñer nota ao desexo da sociedade de escoitar e gozar da cultura en galego: un 6'15. O estudo,  elaborado polo Observatorio da Cultura Galega, servizo dependente do Consello da Cultura Galega (CCG) analiza os hábitos culturais da poboación galega entre a rapazada e apunta que naqueles sectores nos…

Simón Rodríguez, venezolano: “Falar en galego faime recuperar as miñas raíces”

Simón Rodríguez é xestor cultural. Ten 27 anos, natural de Venezuela, leva en Lugo dous anos e medio. Leva estudando galego dous anos porque ten que ver coa construción da súa indentidade como galego. "Nacín noutro sitio pero agora vivo aquí e síntome galego", indica porque falar galego faino sentir "máis galego". "Tamén lle fai ilusión…

Lois Alcayde, xornalista e escritor: “É importante chegar a todo o mundo e non conquistar aos que están conquistados”

Lois Alcayde Dans, é un xornalista e escritor da Coruña de 24 anos. Decidiu cambiar ao galego na adolescencia. "Tiven os meus séculos escuros desde os seis, sete anos ata case o final da adolescencia",  lembra. Escribía en galego pero falaba en castelán. Así que decidiu "cambiar de lingua por afecto e practicidade" porque o…