Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

A RAG propón cambiar a grafía dunha parroquia de Carballo tras anos de controversia

A Real Academia Galega proporá á Xunta de Galicia que recolla no Nomenclátor revisado un cambio de grafía no nome da parroquia carballesa de Berdillo, ata agora escrito oficialmente con B. O Seminario de Onomástica da institución determinou, logo dun demorado e completo estudo, que as atestacións gráficas históricas autorizan a propor que pase a escribirse Verdillo, con V.…

Piden usar o galego no Congreso dos Deputados

Unidas Podemos e os principais aliados parlamentarios do Goberno, incluíndo a Esquerra, o PNV, Bildu, BNG ou Más País, rexistraron no Congreso unha proposta de reforma do regulamento do Congreso para permitir intervencións en linguas cooficiais na sesión plenaria, coa correspondente tradución simultánea. Ademais, o texto expón que poidan formular escritos en ditas linguas, recoñecidas estatutariamente, e…

O Día das Letras Galegas dálle nova vida ao Córgomo, a patria natal de Florencio Delgado Gurriarán

A Real Academia Galega (RAG) celebrará este 17 de maio a sesión extraordinaria e pública do Día das Letras Galegas en Córgomo, no municipio ourensán de Vilamartín de Valdeorras, localidade natal de Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987). O acto terá lugar na Aira dos Birlos, un lugar cargado de simbolismo na vida e obra do autor homenaxeado e onde se…