Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

‘Aquí tamén se fala’, premio da Cultura Galega 2025 pola súa aposta pola lingua dende as aulas e os barrios

O proxecto ‘Aquí tamén se fala’, impulsado por alumnado do IES Rafael Dieste da Coruña, foi distinguido este xoves co Premio da Cultura Galega 2025 na categoría de Lingua, un recoñecemento ao seu labor de dinamización e promoción do galego entre a mocidade e no tecido social próximo. A campaña, que comezou como unha iniciativa…

‘Promover o galego dende o local’: un documental visibiliza o labor dos concellos na dinamización da lingua

O auditorio da Casa da Cultura do Milladoiro acollerá o vindeiro luns, 17 de novembro, ás 19:00 horas, a estrea de Promover o galego dende o local, un documental sobre programas municipais de dinamización lingüística producido por Nós Televisión e financiado polo Concello de Ames. A peza, de 37 minutos de duración, amosa o traballo…

Máis de 60 actividades para celebrar o Mes da Ciencia en Galego nas bibliotecas públicas e escolares

A Xunta de Galicia artellará durante todo o mes de novembro máis de 60 actividades co gallo do Mes da Ciencia en Galego, unha iniciativa que se desenvolverá tanto nas bibliotecas públicas xestionadas pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude como nas bibliotecas escolares dos centros educativos. O anuncio realizouno este mércores o director xeral…

A RAG reivindica no novo Consello das Linguas Oficiais a galeguidade das falas estremeiras de Asturias

O presidente da Real Academia Galega (RAG), Henrique Monteagudo, participou este luns en Donostia na reunión constitutiva do Consello das Linguas Oficiais, o novo órgano creado polo Goberno español para substituír o antigo Consello das Linguas da Administración Xeral do Estado. A nova estrutura incorpora representantes dos gobernos das comunidades autónomas con lingua propia, entre…

‘Toponimízate’ pecha a edición de 2025 en Val do Dubra con máis de cen concellos implicados na recolleita de nomes da terra

A edición deste ano de 'Toponimízate. Falámosche dos nomes da túa terra' chega á súa fin este xoves, 6 de novembro, no Auditorio Municipal de Val do Dubra, onde ás 20:30 horas terá lugar a derradeira charla do ciclo. A iniciativa, promovida pola Real Academia Galega (RAG) e a Secretaría Xeral da Lingua, busca difundir…

Da estandarización do galego ao humor como ferramenta crítica: o novo volume do CCG aborda os retos da diversidade lingüística

O Consello da Cultura Galega presentou hoxe o libro Identidades e ideoloxías perante a diversidade lingüística, un volume colectivo que reúne achegas de especialistas galegos e internacionais arredor dos procesos de construción e negociación das identidades e das ideoloxías lingüísticas en contextos multilingües. A obra forma parte da colección 'Ensaio e Investigación' do CCG e…

Chiara, neofalante de Italia: “A xente pregúntame para que serve o galego, e iso dáme moita mágoa”

Chiara é de Italia e leva anos mergullada na cultura galega. É tradutora e está a realizar unha tese de doutoramento na Universidade de Boloña sobre a circulación e representación da literatura galega no mercado editorial italiano. O seu primeiro contacto coa lingua galega foi casual, durante o máster de tradución. “A miña profesora propúxome…

O libro ‘Descubre Lugo’ terá unha edición en galego para promover o turismo descentralizado

A Xunta de Galicia editará en galego o libro Descubre Lugo, obra do investigador e divulgador José Luis Rodríguez Fernández, segundo confirmou este venres o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, durante o acto de presentación celebrado na sede da Delegación Territorial. Arias cualificou o volume como “un minucioso traballo” e salientou “a acertada estrutura…