A labor social e cultural da tradución é protagonista do volume Á volta da tradución, unha obra editada polas filólogas Rosa Marta Gómez Pato e Alejandra Ulla Lorenzo. Dende a Universidade de Santiago de Compostela buscan poñer en valor a tradución como unha ferramenta mediadora entre culturas, e fano a través desta obra na que…
A campaña Tece Redes chegará a diferentes localización de Galicia ofrecendo diferentes actividades culturais destinadas a un público familiar, infantil e xuvenil. Un total de 300 actividades terán lugar durante o verán, grazas a iniciativa Tece Redes, creada ao abeiro do fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21-22, e que pretende ser un repositorio de proxectos…
“Vai repicar no pandeiro, escoita as ondas do man, quero ver os teus olliños sorrindo cada mañá” foron os primeiros versos en galego que se escoitaron no Parookaville Festival, que sorprenderon a moitos galegos, pero que tamén fixeron saltar a milleiros de persoa nun dos festivais de electrónica de Europa.
O que ninguén esperaba era…
A convivencia de linguas en Bélxica vai máis alá do uso do francés e do holandés en diferentes sitios. A separación de Frandes e Valonia, por exemplo, non só é unha marca territorial, se non tamén lingüística. É por iso que se considera que o límite político e territorial do país é consecuencia directa das…
“Retorno Arnoia” é o nome do novo videoxogo inspirado dun dos capítulos da obra Arnoia, Arnoia de Xosé Luis Méndez Ferrín. Nel, Mógah, o protagonista, que na novela recibe o nome de Nmógadah, terá que escapar da mina na que se atopa apresado. Como se do clásico Súper Mario se tratase, en Retorno Arnoia o…
Durante catro meses as novas tecnoloxías estiveron á disposición de PAMP!, o equipo galego que se atopa detrás de Ai-lalelo, o tema que acadou o segundo posto do certame internacional AI Song Contest 2022, tamén coñecido como a Eurovisión da Intelixencia Artificial. A mestura das raíces e da modernidade namorou ao público internacional, que outorgou…
Despois de que o pasado mes de marzo a Xunta e Netflix chegasen a un acordo para dobrar e lexendar en galego contido da plataforma, empézanse a ver os froitos de dito acordo. A plataforma de streaming Netflix anunciara por aquel entón a incorporación dun total de 70 títulos en galego ata final de ano,…
A través da pantalla reúnense cada xoves para poder falar en galego. Emanuel está cosendo un chaleco para un traxe tradicional, pois a camisa xa a fixo. Mentres, Max quere facer acto de presenza e oír galego, a pesar de que sabe que non participará moito porque outras tarefas requiren a súa atención nese momento.…