Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Amauta Castro, neofalante: “Falar galego fíxome perder amizades”

Amauta Castro, nado no País Vasco e cun pai andaluz e unha nai galega, foi criado integramente en castelán.

Decidiu cambiar de lingua na época da mocidade, cando ao vir a Galicia se percatou da situación do noso idioma en comparación coa do castelán.

Non foi un proceso sinxelo, xa que, explica “falar galego fíxome perder certas amizades”.

Tamén critica que, ás veces, ás persoas que dan o paso e comezan a falar galego se lles critica porque pensan que é unha decisión “política”, pero falar galego, para Amauta, é sentirse parte deste lugar.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.