A Xunta de Galicia, xunto coa Agrupación Europea de Cooperación Territorial da Eurorrexión Galicia–Norte de Portugal e outras entidades colaboradoras, abre a convocatoria para a 11ª edición do Premio Literario Nortear, un certame que busca impulsar a creatividade da mocidade de ambos territorios e fortalecer os vínculos culturais a través da literatura.
O galardón está…
Manuel, natural de Madrid e residente en Ferrol desde hai preto de catro anos, é un dos moitos exemplos de neofalantes que deciden incorporar o galego ao seu día a día como forma de integración, interese cultural e compromiso persoal coa lingua do país que os acolle. "Cando cheguei a Ferrol non coñecía a ninguén,…
O apelido Pardo, amplamente popular en Galicia e noutras partes de España, ten as súas raíces na lingua latina, derivado de pardus, termo que designaba ao leopardo e que, por extensión, facía referencia ao seu ton escuro característico. Así o recolle o filólogo Josep Mª Albaigès no Gran libro de los Apellidos, onde se sinala…
Un grupo de estudantes do IES Rafael Dieste de A Coruña vén de lanzar un novo reto lingüístico de alcance nacional: conseguir que o Real Club Deportivo utilice o topónimo oficial da cidade a partir da tempada 2025-2026, coincidindo coa celebración do 120 aniversario do club.
A campaña, impulsada polo proxecto 'Aquí tamén se fala',…
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude acaba de facer pública a resolución da primeira convocatoria de axudas para o desenvolvemento do sector galego dos videoxogos, cun total de 150.000 euros destinados a oito produtoras que traballan nesta industria emerxente. O obxectivo da medida é facilitar a chegada ao mercado de contidos creados en Galicia…
A escritora Ledicia Costas, unha das voces máis recoñecidas da literatura galega actual, foi gañadora do premio SM O Barco de Vapor de literatura infantil coa súa nova obra Feriópolis, unha narración de corte fantástico que "dá voz ao mundo interior dos nenos en toda a súa complexidade, ofrecéndolles un refuxio", segundo destacou o xurado.…
Na aldea de Arroxo, en Lourenzá, vén de botar a andar un proxecto singular que mestura aprendizaxe lingüística, integración social e intercambio cultural: a Escola de Neofalantes. Trátase dun espazo educativo dirixido a persoas adultas de diferentes nacionalidades que decidiron aprender galego, algúns por motivos profesionais e outros simplemente por vontade de integrarse na comunidade…
Con máis de 6.000 votos totais emitidos, pechouse o proceso de votación mediante o cal o público do certame aRi[t]mar escolleu cales foron as Mellores Músicas do pasado 2024 na Galiza e en Portugal.
No caso galego, o público acordou que Quererse ben, de Mondra, foi a Mellor Música do 2024 na Galiza. O artista, natural…