María Otero Canabal (Forcarei, 2000), graduada en Dereito e Relacións laborais pola USC, vén de recibir o Premio Franco Grande de investigación xurídica en lingua galega pola UVigo polo seu traballo sobre as relacións laborais do servizo do fogar familiar. No mesmo fai unha análise xurídica deste sector desde a perspectiva da prevención de riscos.
Sobre…
A Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela será o escenario de dous encontros científicos organizados polo Instituto da Lingua Galega (ILG) durante o mes de xuño. Ambas as citas están dirixidas tanto a especialistas como ao público xeral, e afondarán en eidos centrais do coñecemento lingüístico e literario galego.
O primeiro dos…
O uso da lingua galega en internet está a experimentar unha transformación silenciosa mais significativa, marcada por avances puntuais e contradicións estruturais. A análise dos últimos datos dispoñibles permite trazar un mapa das prácticas lingüísticas da cidadanía galega no mundo dixital, que reflicte tanto a capacidade de adaptación da lingua ás novas tecnoloxías como os…
A palabra irmán, que designa unha das relacións familiares máis próximas, presenta en galego unha notable variedade de formas segundo a zona do territorio. Esta diversidade léxica non só ilustra a riqueza interna da lingua galega, senón que tamén serve como exemplo representativo da súa división dialectal tradicional en tres bloques: occidental, central e oriental.…
O Bierzo tamén homenaxeou ás cantereiras cunha mostra na Escola Oficial de Idiomas na que se dá conta da importancia que a memoria oral e o traballo de moitas destas mulleres tiveron na transmisión das tradicións e da lingua galega.
O campamento de verán da escola Semente de Lugo terá lugar do 23 de xuño ao 24 de xullo nas súas instalacións da aldea de Barbaín, no edificio da antiga escola unitaria. Está aberta a matrícula para nenos e nenas entre os 3 e os 9 anos de idade, que poderán asistir ao campamento de 8:30 a 15:30,…
O Equipo Chaira -grupo de investigación etnográfica formado por Mercedes Salvador, Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba e Antonio Reigosa- e a veciña da parroquia de Folgoso (Cerdedo, Ourense) María Fraíz Canaval (María da Vrea) veñen de ser elixidos como Mestre e Mestra da Memoria 2025 da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega).
Estes premios recoñecen a traxectoria e…
Na manifestación polas Letras Galegas desenvolta o sábado 17 de maio en Compostela había moitas mensaxes. Pero unha seguramente se convertirá na camiseta do verán: “Galego por diante”. Promovida pola Asociación ”Do galego ao portugués”, esta camiseta, aberta a todas as asociacións do país, busca facer reflexionar aos nosos políticos de que a nosa lingua tense que…