Ferver o mar, recoller o trapo ou andar ao corso son algúns exemplos das expresións que se atopan recollidas en Costa do solpor. O regreso da Illa do Tesouro obra do académico vimiancés Xosé María Lema, que nun total de 425 páxinas, recolle 950 fraseoloxismos e unha ducia de refráns. A novela, publicada no 2017,…
Tes máis de 13 anos e gústache facer contidos para Tiktok? Galeguizando Tiktok é o teu concurso. Ata o vindeiro 5 de agosto podes inscribirte para participar no certame impulsado polo equipo de normalización Lingüística do Concello da Pobra do Caramiñal.
Con esta segunda edición, A Pobra quere fomentar o uso do idioma nas novas tecnoloxías,…
No ano 1989 saía á luz a primeira Biblia en galego, unha edición que foi merecedora do Premio Nacional de Tradución. Un equipo humano formado por 20 tradutores, máis a revisión lingüística e a coordinación da edición fixeron posible que unha das grandes obras da historia puidese estar dispoñible en galego, tras traducila directamente dos…
Coñecer a orixe romana do nome Antón e que este é moi frecuente na zona da Coruña ou que en Galicia hai 3917 Uxías pero só 171 Uxíos son algúns dos datos que ofrece a nova Guía de nomes galegos. Na web da Real Academia Galega xa se pode consultar este novo dicionario, un proxecto…
O 50% do importe da subvención que reciben as bibliotecas de entidades locais debe estar destinado á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán. Este é o dato co que A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a discriminación e “ataque ao galego”.
Dende a Mesa denuncian que a convocatoria das subvencións da Xunta de Galicia para…
A Real Academia Galega vén de facer público que o escritor e político Francisco Fernández del Riego será o homenaxeado no Día das Letras Galegas 2023. Nun pleno reunido en sesión ordinaria este 9 de xullo, acordouse que se lle dedicará o 17 de maio a Fernández del Riego, coincidindo co sesenta aniversario das primeiras…
Quen non comete erros como *sen embargo, *xeralizar, *ubicación ou *búsqueda? Para iso a Universidade de Vigo publica a Breve guía para mellorarmos o uso do galego, que ten como obxectivo “superar os erros que conforman a nosa peculiar forma de comunicármonos e engrandecer o control que temos sobre as nosas prácticas comunicativas en lingua…
A recente obra do profesor e membro da Mesa pola Normalización Lingüística, Carlos Callón, O libro negro da lingua galega (Editorial Xerais) fai un percorrido pola situación do galego dende o s. XVI. Dende a súa publicación o pasado 9 de xuño, numerosas cidades e vila de toda a comunidade acolleron a presentación do libro,…