Álex Rodríguez é da Coruña, aínda que agora está estudando en Santiago.
Comezou hai tres anos a falar en galego e pouco a pouco foi trasladando a lingua á súa vida.
Anima a todos a que o falen, a pesar do estigma e de que nas urbes como na Coruña, de onde vén, haxa prexuízos porque pensa que “estamos nun bo momento para a lingua galega”.