A Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística rende homenaxe en Santiago de Compostela, o vindeiro 13 de decembro, ao membro activo do transversal proceso de normalización lingüística, Xosé M. Rodríguez-Abella. O protagonista do segundo venres deste mes foi un recoñeñecido pedagogo da capital galega, ocupando o posto de responsable do Servizo de Educación e impulsando proxectos como a creación da rede de escolas infantís ou da Escola Municipal de Música.
A un tempo, Rodríguez-Abella acompañaba á cidadanía en iniciativas participativas co obxectivo da reconstrución histórica, así como desenvolvía un papel activo dentro das institucións autonómicas.
O Teatro Principal da cidade será o escenario do evento, no que será proxectado o documental biográfico “Xosé Manuel Rodríguez-Abella, a intelixencia educadora”, dirixido por Carme P. Vaquero e producido por Pío Garcia, cos patrocinios do Concello de Santiago e Secretaría Xeral de Política Lingüística. Na peza, compañeiros dos diferentes contextos do pedagogo poñen en valor a súa labor e vea creativa. Máis información en OBarbanza.gal.