O alumnado do Colexio Plurilingüe Galaxia, no concello coruñés de Ribeira, realizou un proxecto audiovisual “QUERIDA NAI”, con motivo conmemorativo polo 25 de novembro, no marco curricular de Educación Plástica e Arte. O vídeo, dispoñible na súa canle de YouTube e cun guión en formato epistolar no que se adican unhas verbas a unha figura materna, é unha petición de ensino para a comprensión masculina da situación das mulleres na sociedade actual, ligándoa e desligándoa de casos violencia de xénero.
O profesor que titorizou o proxecto, Fernando Yáñez, concreta que se trata “dunha versión da famosa campaña noruega contra o machismo, “Querido Papá”, viral no 2015″. Na peza, o estudantado realiza reivindicacións como: “Nai, ensíname a ver ás persoas co mesmo respecto que che vexo eu a ti“. Así como, describindo a posibilidade de comezar relacións amorosas: “Terei medo, moito medo, a non ser a persoa que ela espera“.