Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Elsa Quintas e Marcos Maceira cuestionan a existencia da “Liberdade para o galego” no seu último ensaio, presentado en Cambados

Este martes, 19 de novembro, presentan o seu ensaio en coautoría e editado por Laiovento, Liberdade para o galego, Elsa Quintas, avogada e vicepresidenta da Mesa pola Normalización Lingüística, e Marcos Maceira, historiador e presidente do mesmo organismo. O acto ten lugar na Casa da Calzada do Concello de Cambados, a partir das 20:00 horas.

Unha lingua engaiolada ou libre?

Dende o panorama literario galego están xerminando, dende o visor de ensaio coma de narrativa, obras que divulgan e reivindican a represión ―ou, canto menos, falta de divulgación― da lingua no territorio. Ás follas documentadoras de “séculos escuros” de Carlos Callón, n’O libro negro da lingua Galega, súmanselle as elaboradas por Quintas e Maceira nesta última publicación na que abordan e analizan os diferentes impedimentos, institucionais e sociais, cos que a cotío se topa o galego.

Partindo da premisa da liberdade, pona en cuestionamiento á hora de contar con ela na escolla da lingua a empregar: “Pode materializarse o seu uso en todos os ámbitos? Ten a presenza necesaria para aseguralo?”. Empregando bases teóricas e de datos, pertencentes aos informes periódicos emitidos pola Mesa da Normalización Lingüística á Carta Europea de Linguas Rexionais, os autores atallan esta cuestión eternamente cuestionada.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.