O vídeo leva xa máis de medio millón de reproduccións.
As dúas primeiras sesións das semifinais infantís do Concurso Oficial de Entroido de Cádiz concluíron cunha fermosa mensaxe de diversidade cultural e lingüística. A comparsa ‘Las hijas de Neptuno’ cantou parte do seu repertorio en éuscaro , galego e catalán, destacando a importancia de preservar as linguas e identidades propias.
Unha lección e unha mensaxe tan importante nun mundo no que hai tantos discursos políticos hiperbólicos e polarizados. Necesitamos celebrar as nosas diferenzas e abrazar a nosa diversidade, e que mellor forma de facelo que a través da linguaxe da música e a alegría do entroido.
“Las hijas de Neptuno” é un exemplo perfecto de como o poder da expresión artística pode unir á xente e crear pontes de entendemento entre culturas e linguas diferentes, lembrando que unha das maiores ameazas para o noso mundo actual é a falta de liberdade. Celebrando a diversidade de linguas e culturas que nos fai únicos. Cantan en eúscaro, galego e catalán, demostrando que todos podemos unirnos, sen importar as nosas diferenzas.
“Vivo en un planeta que habla la lengua de nuestras abuelas: lenguas ancestrales, lenguas diferentes, con su identidad, que son un tesoro súper importante, me han dicho en la escuela, y que nadie tiene derecho a imponer tu manera de hablar borrando el mensaje de la libertad”
Apartir dese momento o canción foi entoada en galego, éuscaro e catalán. “Euskal Herria, Euskal Herrian kantua entzuten da” (o canto escóitase en Euskal Herría). Continuando a estrofa en galego: “soa unha mariñeira cantiga”, e finalmente en catalán, “I les paraules ca en catalá parla de llibertat i d’amor i da vida “ (e as palabras que en catalán falan de libertad, de amor e de vida).
A chirigota a modo de pasodoble finaliza enfatizando de chegar a un entendemento sabendo escoitar os corazóns das persoas. Cando o facemos, podemos entendernos, independentemente de onde veñamos ou que lingua falemos. Animando a aceptar as nosas diferenzas e a traballar xuntos para crear un mundo mellor para todos. “lenguas de muchas generaciones, en mi planeta la gente se entiende, si sabes escuchar los corazones”.
O Teatro Manuel de Falla cubriuse dunha longa tanda de aplausos ao finalizar esta parte da súa actuación o que resulta reconfortante para as persoas que sofren acoso ou desprezo por exercer a súa liberdade lingüística.
Ledicia de escoitar a estes cativos de Cádiz nos seus carnavais a súa chirigota a ritmo de pasodobre, cantada en galego, éuscaro e catalán. Escoitade co corazón 💙💙💙a mensaxe que nos traen. ¡Que viva Cai!
Corte de vídeo de @ondacadizt pic.twitter.com/3zQlfx4xpi— NeoFalantes (@NeoFalantes) January 16, 2024
1 Comenta
Fermoso
Fermoso