Angelika Dudek, de Polonia, leva aprendendo galego arredor de 6 meses, pero con pausas. Por isto, está facendo unha investigación sobre os neofalantes en Galicia a través dun formulario.
Para ela, Galicia é outro mundo e a lingua tamén, xa que “ten unha influencia moi forte co portugués e namorei dela”. Cre, ademais, que o galego fortalece non só o sentimento de pertenza, senón tamén contribuír á diversidade lingüística no mundo.
Por todo isto, anima a todo o mundo a participar do proxecto Neofalantes.gal.