Hasler Iglesias naceu en Venezuela dun pai galego e dunha nai venezolana. Aos 10 anos sufriu a morte do seu pai asasinado no seu país e como di el, deixoulle unha pegada inesquecible con respecto a Galicia.
Por iso, veu vivir ao noso país para tomar contacto coa cultura galega, que inclúe a lingua.
A lingua para el é un vehículo para trasmitir o amor pola cultura pero tamén a historia de nós como galegos.