“Estamos fartas de recibir odio por facer contido en galego”, afirma a tiktoker burelesa @paulablackmakeuplover . Faino a través dun vídeo no que participan unha ducia de creadores de contido, que se mollan polo 17 de maio, día das Letras Galegas e animaron a participar na manifestación de Querremos Galego.
@Letidataberna é outra das tiktokers que se suma a esta iniciativa, reivindicando que “queremos tiktok en galego agora e sempre”, mentres que @patribdopazo e a súa avoa reclaman “un novo futuro para a nosa lingua”.
@rodrimiguez, @cousasrarisimas, @olaxonmario, @josannl, @irisgestoso, @pradorua, @todomal.va, @cessarrg e @saraescorial completan o vídeo chamando a manifestarse o pasado 17 de maio en Compostela. O vídeo foi compartido por todos eles nas súas redes sociais para animar ás preto de 100.000 persoas seguidoras en tikTok.
A plataforma Queremos Galego, que convocpi a manifestación, fixo público o manifesto “en galego agora e sempre. Por un novo futuro para a lingua”, co que recorda que “a situación do galego non é irreversible e que hai alternativas e vontade colectiva para mudar a tendencia negativa para a lingua”. No manifesto instan á Xunta a abandonar “a política de agresión sistemática ao galego” e o “desprezo polo idioma”, así como pide que se garanta o galego “en todo e para todo”. Máis información en Galicia Confidencial.
https://www.tiktok.com/@sarasecorial/video/7096462442263317765