A orixe dos nosos topónimos é moi variada e rica. O Seminario de Onomástica da Real Academia Galega está a recuperar gran parte da microtoponimia de Galicia, un traballo que é completado por publicacións académicas como a do filólogo Gonzalo Navaza, Os nomes dos concellos da provincia da Coruña. Estes son algúns dos topónimos máis misteriosos da zona da Barbanza:
BOIRO
Tanto a orixe como o seu significado do seu topónimo non está claro xa que hai varias teorías pero ningunha concluínte, segundo recolle La Voz. Unha das opcións que manexan os expertos é que Boiro proveña do termo xermánico burio o borio que significa galpón. Outra posibilidade é que se trate dun hidrónimo prerromano, un nome que designa unha masa de auga.
NOIA
Noia é un dos topónimos máis antigos, xa fora mencionado no século I por PLinio. A súa orixe non está documentada polo que as lendas ábrense paso. A orixe de Noia é vencellada co personaxe bíblico de Noé e a súa estirpe. Aínda así a investigación publicada pola RAG rexeita esta opción e sinala outras posibilidades: a orixe celta do topónimo ou ben que se trate dun hidrónimo paleoeuropeo.
OUTES
Como sinala a xornalista Marta Gómez, hai moitas dúbidas en torno á orixe de Outes, do que existen rexistros desde o século IX. Unha teoría apunta a que deriva do latín e fai alusión a un lugar alto, pola orografía do terreo onde se sitúa a igrexa de San Pedro, pero tampouco descartan os estudosos a súa procedencia prerromana.
PORTO DO SON
A motivación acústica ou calquera relación co son está totalmente descartado polos expertos. Parece ser que procede do topónimo medieval Oçón. Atribúeselle orixe prerromana e relaciónase ou ben coa auga ou ben á raíz prelatina «agudo, punta».
RIANXO
A única pista sobre este topónimo está na súa escrita. Diversas propostas etimolóxicas coinciden en que o primeiro elemento do topónimo correspondería ao substantivo “río”. Aínda así, Zapata sinala que non hai nin garantía nin acordo común sobre esta orixe.
Máis información en La Voz de Galicia