Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Silvia Jato corta en directo a unha filóloga estadounidense tras alertar na TVG da perda de falantes de galego

A emisión especial do programa da TVG ‘Tarde piaches’ polo Día das Letras Galegas deixou un dos momentos máis comentados da xornada tras a intervención da filóloga estadounidense Ali Briere, residente en Galicia e falante de galego, que alertou en directo sobre a situación da lingua galega e a perda progresiva de falantes nas novas xeracións.

O espazo, presentado por Silvia Jato, reuniu no estudio varias persoas procedentes doutros países que viven en Galicia e que aprenderon galego. Durante a conversa, Briere expresou o seu “loito” pola situación actual da lingua e pola perda de uso social que, segundo afirmou, “está pasando agora mesmo”.

Foi nese momento cando a presentadora interrompeu a súa intervención para introducir unha mensaxe máis optimista sobre a realidade lingüística galega. “Estamos todos falando a lingua galega, estamos intentando facer programas que a xente comparta estas tardes”, sinalou Jato, antes de reivindicar o apego da sociedade galega ás súas tradicións coincidindo coa celebración do 17 de maio.

Ver en elDiario.es

Leave a comment

Este sitio usa Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.