Se os nomes dos concellos abren debates públicos e ocupan titulares, os microtopónimosviven moitas veces nun plano máis discreto. Son menos visibles, menos oficiais e, con frecuencia, menos discutidos. Pero constitúen unha das partes máis extraordinarias do patrimonio cultural galego. Falamos dos nomes das leiras, dos camiños, das pedras, das fontes, dos montes pequenos, dos regos, dos prados e de innumerables recunchos do territorio que só coñecen ben quen os habitou ou quen os escoitou nomear desde pequeno. Son, en certo modo, a cartografía íntima do país.
Máis información en Galicia Confidencial