O secretario xeral da Lingua, Valentín García, defendeu a necesidade de garantir a presenza do galego en todos os ámbitos da sociedade, incluídos os espazos tecnolóxicos emerxentes, e apostou por reforzar as políticas de promoción lingüística a través do consenso político e da implicación social. Así o expresou durante unha entrevista radiofónica na que analizou os retos actuais e as oportunidades de futuro para o idioma.
Durante a conversa, o responsable autonómico incidiu en que a promoción do galego debe adaptarse aos cambios que están a transformar a comunicación, especialmente no ámbito dixital. Neste sentido, destacou a importancia de que a lingua teña presenza en ferramentas tecnolóxicas como os asistentes de voz ou os sistemas baseados en intelixencia artificial.
“O galego debe estar aí, coa mesma capacidade de oportunidade ca as grandes linguas do mundo”, afirmou García ao referirse ao desenvolvemento de aplicacións e servizos que integran o recoñecemento de voz e outros sistemas de interacción lingüística.
Entrevista completa en Radio Líder