Un creador de contido con case 100.000 seguidores en Instagram e TikTok, coñecido como @elvenegalle, xerou nos últimos días un debate arredor do uso do galego nas redes sociais tras publicar un vídeo no que relata as críticas que recibe por empregar esta lingua.
No seu testemuño, explica que desde que comezou a publicar contidos en galego atopou dous tipos de reaccións negativas. Por unha banda, persoas do seu país de orixe que cuestionan que utilice unha lingua distinta: “Critícanme venezolanos por falar galego”, relata. Pola outra, usuarios galegos que sinalan o seu acento ou a mestura de idiomas: “Tamén o galego que me critica porque falo galego mal”, engade.
O creador, chamado Lucas, recoñece que incorporar o galego á súa vida diaria supuxo un proceso de aprendizaxe, mais insiste en que continuará empregándoo: “Vou seguir falando galego porque a min me apetece”.
Entrevista a Christian Lucas (@elvenegalle) na web de Neofalantes.
Máis información en Faro de Vigo