A Universidade de Santiago de Compostela alcanza este curso o 29,2% da súa docencia impartida en galego, a porcentaxe máis elevada desde que existen rexistros. A análise realizada polo Servizo de Normalización Lingüística da USC confirma un incremento significativo que rompe coa estabilidade dos anos anteriores e consolida unha tendencia ascendente iniciada en 2015, pero…
A aprobación en 2007 da lei pola que se recoñecen oficialmente as linguas de signos española e catalá deixou fóra outras variedades históricas presentes no Estado. Entre elas, a lingua de signos galega (LSG). A norma partía, segundo explica a doutoranda Zaira González Lago, da Universidade de Vigo, dunha idea asentada: a existencia de dous…
A XXI Xornada de Normalización Lingüística de Escolas Católicas, celebrada no Consello da Cultura Galega, serviu tamén para abrir un espazo de reflexión sobre o papel do ensino concertado na situación actual do galego. No marco deste encontro, no que se deron cita arredor de 80 docentes, maioritariamente membros de equipos de dinamización ou coordinadoras…
A Comisión Xeral de Comunidades Autónomas do Senado abordará este xoves unha iniciativa presentada polo PSOE para reforzar o papel da pluralidade lingüística no Estado. A proposta, de carácter non vinculante, pretende que o Senado avance cara a unha presenza máis ampla das linguas oficiais, e que os executivos autonómicos con dous idiomas cooficiais continúen…
A Mesa pola Normalización Lingüística valorou este martes a sinatura do convenio entre o Ministerio de Xustiza e a Consellería de Xustiza para a implantación do programa Atenea, a nova ferramenta de xestión procesual que por primeira vez podería permitir o uso do galego na tramitación xudicial. A entidade considera que se trata dun paso…
O Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu este luns a presentación do 'Cancioneiro sociolingüístico das terras do Bolo. Atención pido señores', un volume elaborado polo musicólogo Xosé Lois Foxo que recompila arredor de medio milleiro de cantos tradicionais recollidos neste territorio ourensán ao longo de máis de sesenta anos, entre 1962 e 2024. O acto…
O galego continúa a gañar peso na actividade docente da Universidade de Santiago de Compostela e acada xa o 29,2% das horas impartidas, a porcentaxe máis elevada de toda a serie histórica. Así o recolle o 'Informe sobre o Uso do Galego', elaborado polo Servizo de Normalización Lingüística (SNL) a partir dos datos do último curso…
Os grupos de traballo do proceso social Lingua Vital xuntáronse este sábado en Compostela nun novo encontro destinado a analizar en profundidade as propostas remitidas por colectivos sociais e persoas a título individual ao longo das últimas semanas. Estas achegas foron recollidas nos encontros e plenarios organizados por Queremos Galego en 15 comarcas galegas, un…