Thomas Hermsen, dos EE.UU.: “Hai que loitar polo galego”

Thomas Hermse é un estadonidense de 24 anos que traballa en Parga, Guitiriz, dando clase de inglés no instituto. Comezou a falar galego hai nove meses e xa o fala con moito xeito. “Decidín aprendelo porque aquí hai moita xente que o fala e eu quero integrarme na cultura“, di.

“Fai tres anos vivía en Madrid pero quería coñecer novas culturas de España e Galicia representa o que eu buscaba”, lembra. “Os meus amigos galegos están moi ilusionados de que fale a súa lingua”, asegura. “Hai que loitar polo galego”, insiste.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

A %d blogueros les gusta esto: