Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

O galego, en Spotify no 2023

O catalán acaba de converterse no idioma 63 da famosa platafora Spotify. Un feito que se produce logo de que o todopoderoso FC Barcelona asinara un acordo con esta copañía para impulsar o catalán nesta plataforma.
Neste outubro actualizamos a experiencia móbil de Spotify para apoiar a lingua catalá, facendo o noso app máis accesíbel a falantes cataláns… O catalán xa leva na nosa plataforma desde algún tempo e agora estamos entusiasmado en acelerar este lanzamento”, apuntou Marc Hazan, VP de Desenvolvemento Empresarial desta plataforma.
Pola súa banda, o presidente do Barcelona, Joan Laporta, destacou que o acordo con Spotify vai máis alá dunha relación comercial, é unha relación estratéxica. “Eles entenderon a nosa cultura e a importancia do catalán como a nosa lingua e lingua do clube”, indicou.
A empresa anunciou xa que os seguintes idiomas en ser incorporados en Spotify serán o galego e o catalán e o vasco xa ao 2023 para iso.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.