Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Fálao, ti que podes”, a iniciativa que reúne a galegofalantes arredor do mundo

Rocío, Wendy, Herminda, Paula, Cruz, Emanuel, Kun… todos eles teñen algo en común: viven a a miles de quilómetros de Galicia e falan galego. Dende Alemania, Arxentina, Exipto ou Australia erguen as súas voces para promover o galego, que non só se escoita en Galicia, se non que tamén está espallado polo mundo.

A través da campaña “Fálao, ti que podes”, a Asociación Faladoiros de Vigo quere poñer en valor o galego a través de galegofalantes de todas as partes do mundo. “Alí onde están non poden vivir o seu día a día en galego, mais ti que estás na Galiza… Fálao, ti que podes!”, animan con esta campaña, concienciando da oportunidade que teñen as persoas en Galicia de poder falar en galego no día a día. Ao mesmo tempo, tamén poñen en valor o esforzo de moitos galegofalantes que, a pesar de vivir noutros países, se esforzan por conservar a lingua.

Semanalmente, galegofalantes reúnense dende diferentes países para poder compartir vivencias, sempre co galego como lingua de comunicación. Os Faladoiros de Vigo, con sesións presenciais e telemáticas, convertéronse así para moitos deles no lugar no que poder falar en galego, aprender conxuntamente e perfeccionar ou iniciarse na lingua.

Dende o pasado 17 de maio, coincidindo co Día das Letras Galegas, a Asociación partilla na súa canle de YouTube pequenos vídeos destas persoas que falan galego e se reúnen semanalmente para poder interactuar na nosa lingua. É o caso de Cristina, galega en Londres e que aproveita o galego para falar con portugueses e brasileiros no Reino Unido. Ou Wendy, estadounidense que comezou a aprender galego dende que fixo o Camiño de Santiago. Kun, de Dubrovnik, Croacia, estuda galego dende fai dous anos, e Ye, de Vigo, fálalle ao seu fillo en galego na illa de Reunión, donde vive dende fai 5 anos.

A campaña “Fálao, ti que podes!” presentouse o pasado 18 de maio no Café vigués de Catro a Catro, establecemento que tamén acolle os faladoiros presenciais cada mércores.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.