As ‘Sementes’ dos galegofalantes do futuro

A inmersión lingüística en galego é unha das opcións educativas da Asociación Gentalha do Pichel e, por iso, crearon as cinco escolas Semente distribuídas en Vigo, Santiago, A Coruña, Lugo e Trasancos. O proxecto Semente xa está a educar a 14o crianzas en galego.

As escolas Semente ofertan un programa de inmersión lingüística en galego, a lingua do país. Mais operan –no caso das aulas de Educación Infantil, de 6 a 12 anos– cunha licencia estadounidense, como comenta un artigo de Adiante.Gal no que entrevistan a un dos profesores. Santiago Quiroga é o nome deste docente que leva xa catro anos ensinando en galego. Ademais é o coordinador da campaña de captación de socios que ten o obxectivo de incrementar a súa intervención social.

A Semente nace en Santiago de Compostela no ano 2011 como “unha resposta á vulneración dos dereitos lingüísticos do pobo galego, nomeadamente os das crianzas”, segundo comenta Quiroga na entrevista. A formación dunha Escola Nacional Galega non é unha idea nova, como di, as Irmandades da Fala xa o plantexaran e, asimesmo, teñen referentes en persoas como Antía Cal. Por outra man defenden unha ensinanza paidocentrista, as crianzas poderán comportarse como son, non como adultos.

Nestes dez anos non se mellorou a situación lingüística do país, a “catástrofe demolingüística” continúa. Os impedimentos para actuar e construír unha ensinaza en galego son tales que tiveron que tramitar unha licenza baixo unha axencia norteamericana para levar a cabo a Semente.  Máis información en Adiante.gal.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará