Que pasa, Masterchef, que os percebes saben mellor con acentiño galego????

“Quiero que me vendáis estos percebes como si fuéseis el mejor percebeiro gallego”. Así arrinca o punto do programa Masterchef que vén de causar polémica entre os afeccionados ao concurso en RRSS. A frase, pronunciada pola presentadora Eva González, foi continuada polos outros dous condutores do programa cun breve sketch no que imitaron o acento galego, unha brincadeira que non gustou a todos os que viron o programa.

O momento concreto do programa, que foi gravado na cidade da Coruña, pode ser consultado en contexto neste enlace, a partir do minuto 01:27:45. Entre as respostas ao programa, que ata o momento non se pronunciou sobre o rexeitamento ao sketch, a palabra que máis se repite é “burla”. Moitos usuarios consideraron unha aldraxe a imitación dos presentadores do programa de prime time da canle pública estatal, entre eles a voceira nacional do BNG, Ana Pontón.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará