O Plan xeral de normalización da lingua galega será renovado, tras a proposta realizada pola Xunta de Galicia, coa creación de once comisións de traballo que abranguen moi diversos eidos. Así o presentou o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, aos representantes dos grupos parlamentarios cos que se reuniu para a continuación…
Este xoves fallaronse os Premios San Martiño de Normalización Lingüística que premian o emprego do noso idioma no sector empresarial. Así, o recoñecemento polo uso, promoción e difusión da lingua galega na categoría "Comarca Tabeirós-Terra de Montes" foi recibido polo grupo empresarial estradense Valenciaga, adicado á hostalería. Celso Sanmartín, escritor e dinamizador cultural de…
Este ano, a Xunta de Galicia recibiu máis de 3.500 solicitudes para a certificación do coñecemento da lingua galega. José López, conselleiro de cultura, fixo público o dato nunha visita ás instalacións do instituto Antonio Fraguas de Santiago de Compostela na xornada pasada. Este domingo, tanto neste centro como na sede en Ponferrada, foron realizadas…
A Xunta de Galicia busca iniciar "unha nova fase" na presenza do galego no Bierzo e Sanabria facendo oficiais os topónimos da zona neste idioma. Así o explicou o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, durante unha intervención na Comisión de Cultura para responder a unha pregunta do PPdeG sobre os resultados do ensino de…
As probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 4, 3 e 2 terán lugar os fins de semana do 19 e 20 e do 26 e 27 do mes de novembro. Así o indica a resolución publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) pola que se fixan as datas de realización…
A Xunta de Galicia arrinca o festexo do Día Europeo das Linguas --que se celebra cada 26 de setembro-- cunha serie de actividades dentro do Festival Maré, Músicas e Artes Atlánticas 2022.
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destaca que este día demostra que todos os idimas "son importantes e útiles, independentemente do número…
“Selecciona tu Comarca”, pide a páxina web Muller Dixital, un programa impulsado pola consellaría de Emprego e Igualdade. Unha vez accedes ao buscador da comarca, como se require no cuestionario, poderás seleccionar entre lugares como Noya, La Coruña, Jallas, Órdenes ou Mellid.
A castelanización dos nomes sorprendeu a varias usuarias de Muller Dixital, unha web…
O 50% do importe da subvención que reciben as bibliotecas de entidades locais debe estar destinado á adquisición de fondo bibliográfico editado en castelán. Este é o dato co que A Mesa pola Normalización Lingüística denuncia a discriminación e “ataque ao galego”.
Dende a Mesa denuncian que a convocatoria das subvencións da Xunta de Galicia para…