Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

Toponomízate chega a Xunqueira de Ambía para frear a desaparición dos nomes da terra nun dos concellos con menos microtopónimos rexistrados

Xunqueira de Ambía converterase este venres 15 de maio nun novo escenario da campaña Toponomízate. Falámosche dos nomes da túa terra, unha iniciativa promovida pola Real Academia Galega e a Secretaría Xeral da Lingua que busca implicar á cidadanía na protección da microtoponimia galega, un patrimonio inmaterial especialmente vulnerable nos territorios máis afectados polo despoboamento…