Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Marta Salutregui: “Comezar a falar galego forma parte da miña deconstrución, de desaprender o imposto”

A ferrolá Marta Salutregui botouse a falar galego de xeito progresivo: primeiro a través das redes,  logo con persoas descoñecidas, máis adiante coa familia e amizades… Ao longo deste camiño, tamén creou unha iniciativa que foi lugar de xuntanza para persoas neofalantes e que lle serviu como plataforma para unha sorte de “saída do armario”…