A ferrolá Marta Salutregui botouse a falar galego de xeito progresivo: primeiro a través das redes, logo con persoas descoñecidas, máis adiante coa familia e amizades… Ao longo deste camiño, tamén creou unha iniciativa que foi lugar de xuntanza para persoas neofalantes e que lle serviu como plataforma para unha sorte de “saída do armario”…