O pai e a tía de Emanuel Castiñeira, naturais de Vilalba, marcharon á Arxentina, como fixeron moitos galegos. Tamén se foron a este país os avós maternos de Emanuel, que naceu e vive na cidade arxentina de Córdoba.
Ao outro lado do océano, a máis de 10.000 km de Galicia, Emanuel Castiñeira fala galego. El é…
Os institutos lucenses IES Leiras Pulpeiro, IES Nosa Señora dos Ollos Grandes, IES Muralla Romana e o IES Ánxel Fole apostan polas redes en galego. Fano a través da segunda edición de EnRedando co Galego, un proxecto que promove o uso da lingua entre a poboación escolar.
O alumnado dos cursos de 3º e 4º…
O vindeiro 17 de maio, Día das Letras Galegas, as rúas de Compostela acollerán a manifestación de Queremos Galego, que cada ano reivindica o galego. Co lema "En galego agora é sempre. Porque un novo futuro para a lingua galega", reclamarán dignidade para o idioma.
A manifestación, que sairá da Alameda e rematará na Praza da…
Obradoiros, regueifas, concertos... son algunhas das actividades que recorrerán os centros educativos a través do programa Correlingua. Máis de 20 festas amenizarán as escolas galegas entre maio e outubro, co obxectivo de dinamizar a lingua.
Na presentación desta edición, que se celebrou na Deputación de Lugo, o presidente da Asociación Cultural Correlingua, destacou que se sigan…
Foi no 2020 cando a coruñesa Belén Puime, que vén de estrear a súa webserie Pringadas, comezou a mudar o castelán polo galego, non sen telo intentado antes.
Puime medrou nun ambiente no que predominaba o castelán: familia, amizades e escola, sendo o galego pouco habitual. A súa infancia recórdaa en castelán, mais foi a etapa…
Pontevedra acolle a décima edición do festival Galegote Rock, que este ano se celebrará os dúas 28, 29 e 30 de abril. A música en galego encherá as rúas pontevedresas nesta nova edición, que vén de presentar cartel. En total, celebraranse 12 concertos que se poderán gozar en espazos ao aire libre, bares e salas…
Despois de 4 anos loitando por solicitar ser atendido en galego na Axencia Tributaria, Xurxo Martínez González acaba de recibir a sentenza favorable ante unha reclamación de quebrantamento dun dereito lingüístico por parte da AEAT.
Nas súas redes sociais, Martínez González compartía o sucedido no 2017, cando solicitou á Axencia Tributaria o uso do galego…
Dous estudantes da Guarda e O Rosal serán pioneiros en traer o galego ao mundo dos videoxogos de Pokémon.
Seguramente, a meirande parte do mundo non arquea a cella cando a palabra "Pokémon" xorde na metade dunha conversa. É doado de pensar, tendo en conta que se trata da franquicia que maior cantidade de beneficios…