Angelika Dudek, de Polonia, leva aprendendo galego arredor de 6 meses, pero con pausas. Por isto, está facendo unha investigación sobre os neofalantes en Galicia a través dun formulario.
Para ela, Galicia é outro mundo e a lingua tamén, xa que "ten unha influencia moi forte co portugués e namorei dela". Cre, ademais, que o galego…
O actor e guionista Federico Pérez, que apareceu en diversas largometraxes e programas de televisión, vén de animar a toda a comunidade neofalante a seguir co seu proxecto, así como promover que as persoas que aínda non deron o paso, se animen a falar en galego.
Roi Álvarez ten 19 anos e é de Teo. De pequeno falaba galego, logo pasou a castelán e agora decidiu volver a falar en galego porque era o idioma no que se sentía máis cómodo.
Di que os motivos para falar galego son políticos, xa que para el "falar galego é unha forma de honrar a…
Leticia Mirás, máis coñecida como Leti da Taberna en redes sociais, é unha influencer galega que se fixo viral a raíz da pandemia da covid en Tiktok.
Ela sempre falou galego, pero recoñece o labor dos neofalantes, aos que lles di que "estades mantendo viva unha lingua de transmisión oral moi importante e fermosa".
Miguel Guido ten 42 anos e vive na Coruña, a pesar de que é do Reino Unido.
Que o seu pai fora galego e esa busca das orixes foi o que lle fixo querer aprender o galego e querer vir a Galicia.
Agora, en Galicia, sostén que "se nós aquí en Galicia non falamos galego, ninguén vai…
Estíbaliz Veiga, Actriz, Presentadora, Pedagoga a adestradora Teatral, guionista, articulista e Directora.
O seus últimos traballos foron "O Home e o Can" Ángel da Cruz, premiada no Festival de Cinema de Madrid e Festival de Cinema sobre Discapacidade de Colado, na galardoada e existosa serie de ficción de M+ ambientada na cidade de Ferrol “Rapa», “Un…
Meire de Mello vive na Coruña, pero é de São Paulo, Brasil, onde coñeceu ao seu mozo, quen lle transmitiu o amor polo galego.
Cando chegou a Galicia, chamoulle a atención que a xente non falaba moito galego, a pesar de que é a nosa lingua.
Ela, como brasileira, pregúntase: "Non sería mellor mirar un pouco máis…
Rubén Constenla ten 38 anos e leva desde o 2016 falando galego, aínda que todo comezou no 2011, cando comezou a tomar consciencia do problema do galego ao participar no movemento do 15M.
Foi criado en castelán porque a súa nai cría que era o mellor para a súa educación, pero deuse de conta co tempo…