Hai momentos nos que unha lingua deixa de ser só unha ferramenta de comunicación para converterse nunha cuestión persoal. Esa transformación é a que describe Diego Madarnás, estudante de primeiro curso de Economía na Universidade de Santiago de Compostela, quen iniciou un proceso de reflexión arredor do galego durante a súa etapa no instituto.
Ata…
As parroquias de Magazos, Landrove e Chavín, no concello de Viveiro, amosan un incremento do uso da lingua galega nas inscricións funerarias, segundo un estudo recente realizado no marco da iniciativa de educación social Palabra e Memoria. O traballo foi desenvolvido por Paula Martínez Vila, estudante de Educación Social na Universidade da Coruña, coa colaboración…
Nun instituto galego, unha rapaza acompaña a súa nai a unha reunión co profesorado. No centro de saúde, un neno explica ao médico o que lle pasa ao seu irmán. Noutros casos, unha adolescente transmite unha carta oficial chegada da administración ou interpreta nun comercio. Son escenas cotiás, pero poucas veces nomeadas: a intermediación lingüística…
A AGAL (Associçom Galega da Língua) organizará o vindeiro 31 de xaneiro en Santiago de Compostela a xornada '(Re)unidas pola Língua', un encontro concibido como foro plural de diálogo arredor da lingua galega. A iniciativa pretende xuntar persoas e entidades con interese na lingua para escoitar, compartir experiencias e pensar colectivamente novos camiños…
O secretario xeral da Lingua, Valentín García, e a directora xeral de Xuventude, Lara Meneses, recibiron este martes ás persoas premiadas na décimo cuarta edición do certame ‘Lingua de Namorar’, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia coa finalidade de impulsar o uso do galego entre a mocidade e fomentar a creatividade literaria vinculada ás…
Entre as árbores e os corredores silenciosos do cemiterio municipal de Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa, conviven hoxe dúas memorias que se entrelazan: a da represión franquista e a da lingua galega. No mesmo espazo onde durante décadas houbo unha fosa común con veciños e veciñas executados sen xuízo, eríxese agora un monumento de lembranza…
Violeta é de Granada e prepara a súa tese de doutoramento en Historia na Universidad de Granada. Nunca tivera un vínculo directo co galego ata que, por accidente, un libreiro lle entregou unha tradución de Xerais no canto do exemplar que pedira. Ese primeiro contacto ficou como unha simple anécdota ata anos despois, cando, no…
O Área de Igualdade do Concello de Vilagarcía vén de abrir o prazo de inscrición para un curso de competencias clave en lingua galega, nivel 2, dirixido especificamente a mulleres. A iniciativa ten como obxectivo mellorar a empregabilidade das participantes e facilitar o acceso aos certificados de profesionalidade, ademais de acreditar a formación en galego…