O Instituto Nacional de Estatística facía público este 20 de decembro os datos da súa Estatística da Produción Editorial de Libros sobre o ano 2019. Nos mesmos verifica un incremento xeral na publicación de libros, que no caso da industria galega supuxo 2.213 títulos, un 10,8% máis do que no ano anterior.
Desta produción, o 40,4%…
Rodolfo e Priscila. Así se chama o novo selo editorial independente que bota a andar en Galicia. Un xeito de emprender no mundo editorial galego en tempos de crise que chega da man dos escritores Berta Dávila e Carlos Meixide. Trátase dunha "editora indecisa" e que tira o seu nome de senllos xoguetes da infancia…
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou esta mañá o seminario internacional A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana, un encontro de reflexión e análise coordinado polo proxecto Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dirixido pola investigadora Marta Neira e…