O proxecto Aquí medra a lingua, a serieweb do Consello da Cultura Galega para dar a coñecer iniciativas de dinamización lingüística na escola, engade este luns o segundo dos capítulos. Titúlase Reforzar o propio e céntrase na experiencia do CPI Virxe da Saleta de Cea, centro integrado que xunta alumnado de infantil e da ESO. Escape rooms, bandas deseñadas, títeres, curtametraxes...…