O vindero 20 de outubro comezarán as actividades do Correlingua 2021 baixo o lema “Inmunízate co galego” que terán como principal oferta oito concertos en outras tantas poboacións galegas comezando por A Coruña. Os concertos celebraranse polo sistema de aula burbulla para manter todas as garantías sanitarias, con aforos controlados e con retransmisión en liña.…