O Concello da Coruña prepara unha diagnose sociolingüística específica da cidade como paso previo á elaboración do que será o seu primeiro Plan de Normalización Lingüística. O traballo incluirá unha enquisa telefónica a entre 800 e 1.200 persoas, análise territorial por barrios e un estudo sobre o emprego do idioma dentro da propia Administración municipal.…