O catedrático emérito de Filoloxía Románica da Universidade de Santiago de Compostela Antón Santamarina Fernández recibiu este mércores o IX Premio Luís Porteiro Garea, co que a USC recoñece a súa contribución ao coñecemento, estudo e normalización da lingua galega. A Universidade salientou o seu papel como unha das figuras da lingüística galega contemporánea e…
Entre 1982 e 1995 saíron do prelo os sete volumes do Cancioneiro popular galego recollido e ordenado por Dorothé Schubarth e Antón Santamarina. O traballo comezara en 1978, cando a etnomusicóloga suíza chegou a Galicia á procura de melodías arcaicas. O que ía ser unha parada máis no seu percorrido pola Península Ibérica converteuse nunha longa estadía…