Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Por fin…. Camiñando cara a un Netflix en galego

Netflix impulsará a presenza do catalán, o galego e o eúscaro no seu catálogo en 2022, coa subtitulación dunha selección de series e películas internacionais, e a dobraxe de varios títulos infantís e familiares. Segundo adiantaron a Europa Press fontes da plataforma de contido audiovisual a demanda, os títulos publicaranse de forma paulatina a medida que estean dispoñibles…

Apoiando o #AudiovisualEnGalego

Este xoves 24 de febreiro comezou o debate no Congreso dos Deputados de Madrid sobre Lei do Audiovisual. Un dos puntos clave desta nova normativa é a inclusión da normalización das linguas minoritarias e minorizadas nas plataformas dixitais. Ás 12:00 0 movemento uníuse en redes sociais baixo o cancelo #AudiovisualEnGalego. A Mesa de Normalización Lingüística xunto…

“O Estado Español está enfermo de falta de equidade entre as súas linguas oficiais”

Continúa a loita pola promoción das linguas cooficiais do Estado Español. A Mesa Pola Normalización participou este mércores en Madrid na presentación dun fronte común pola defensa dos dereitos das linguas oficiais na Lei do Audiovisual do Estado. Acompañou así a plataformas como Kontseilua, Òmnium Cultural, Acció Cultural del País Valencià, Obra Cultural Balear, Escola Valenciana e…

A Mesa critica que o galego “segue lonxe da equidade” na tradución de filmes

A Mesa pola Normalización Lingüística lamentou que o proxecto de Lei Xeral de Comunicación Audiovisual atópase "lonxe" da equidade na presenza das linguas cooficiais demandada polo Parlamento de Galicia. Neste sentido, a entidade en defensa do idioma anunciou accións conxuntas con outras plataformas do Estado para tentar mellorar a norma aprobada este martes. O presidente da asociación, Marcos…

Queres ver series de HBO, Filmin ou Prime Video en galego?

A ministra de Política Territorial e portavoz do Goberno, Isabel Rodríguez, confirmou que haberá cotas de contido audiovisual en linguas cooficiais para todas as plataformas, entre elas Netflix, HBO, Flimin ou Prime Video, pactadas co grupo parlamentario de Esquerra Republicana de Cataluña (ERC) e que "veñen protexidas por unha serie de axudas públicas". Isabel Rodríguez expresouse…