Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

O Sergas concentra as principais queixas dos galegofalantes

As queixas por vulneración de dereitos lingüísticos no uso do galego duplicáronse en 2021 respecto ao ano anterior, segundo A Mesa pola Normalización Lingüística, que presentou, na sede da Deputación da Coruña, os resultados do informe correspondente ao seu servizo 'A Liña do Galego'. Trátase dun servizo que ofrece A Mesa para atender consultas sobre dereitos lingüísticos e a…

Por fin…. Camiñando cara a un Netflix en galego

Netflix impulsará a presenza do catalán, o galego e o eúscaro no seu catálogo en 2022, coa subtitulación dunha selección de series e películas internacionais, e a dobraxe de varios títulos infantís e familiares. Segundo adiantaron a Europa Press fontes da plataforma de contido audiovisual a demanda, os títulos publicaranse de forma paulatina a medida que estean dispoñibles…

Apoiando o #AudiovisualEnGalego

Este xoves 24 de febreiro comezou o debate no Congreso dos Deputados de Madrid sobre Lei do Audiovisual. Un dos puntos clave desta nova normativa é a inclusión da normalización das linguas minoritarias e minorizadas nas plataformas dixitais. Ás 12:00 0 movemento uníuse en redes sociais baixo o cancelo #AudiovisualEnGalego. A Mesa de Normalización Lingüística xunto…

“O Estado Español está enfermo de falta de equidade entre as súas linguas oficiais”

Continúa a loita pola promoción das linguas cooficiais do Estado Español. A Mesa Pola Normalización participou este mércores en Madrid na presentación dun fronte común pola defensa dos dereitos das linguas oficiais na Lei do Audiovisual do Estado. Acompañou así a plataformas como Kontseilua, Òmnium Cultural, Acció Cultural del País Valencià, Obra Cultural Balear, Escola Valenciana e…