Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A AELG e a Mesa presentan ante a ONU o informe sobre a situación do galego

O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, Marcos Maceira, e o presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG), Cesáreo Sánchez, presentaron este martes o informe da situación do galego na sede das Nacións Unidas en Xenebra. Concretamente, o informe foi presentado ante o Comité de Dereitos Humanos da ONU. Nun comunicado explican que o documento sinala os "incumprimentos"…

A Mesa solicita a reactivación do Plan Xeral de Normalización da Lingua Galega

Marcos Maceira, presidente da Mesa pola Normalización Lingüística, trasladou a denuncia dende a institución de que a Xunta de Galicia continúa a non reaccionar ás esixencias da sociedade galega mobilizada, hai un mes en Santiago de Compostela, en favor dun "cambio de rumbo" na xestión pública da lingua galega. O presidente, asemade voceiro da plataforma Queremos…

Case a metade das queixas tramitadas pola Mesa pola Normalización foron por vulnerar o dereito ao uso do galego

Case a metade das queixas tramitadas pola Mesa pola Normalización Lingüística en 2022 foron por vulnerar o dereito ao uso do galego, segundo expuxeron os seus responsables na presentación do informe anual de 'Liña do Galego'. Foi nunha comparecencia con presenza do presidente da Mesa pola Normalización, Marcos Maceira; a responsable do estudo, Sara Seco…

Unidade entre entidades de Galicia, Euskadi e Cataluña para conmemorar o nacemento de Castelao e Rosalía

Representantes de entidades sociais de defensa das linguas minoritarias do Estado homenaxearán a Castelao e a Rosalía de Castro, o domingo 22 de xaneiro ás 12h no Panteón de galegos ilustres, nun acto que contará con intervencións de representantes da Mesa pola Normalización Lingüística, de Euskalgintzaren Kontseilua e da Plataforma per la Llengua e coa…

Aproveita o Nadal para agasallar en galego

Libros, discos, cadernos e elementos decorativos, xogos, instrumentos musicais, roupa, complementos, prantas, enerxía, servizos profesionais, experiencias, alimentos... A Mesa pola Normalización da Lingüística distribuirá de xeito gratuíto esta fin de semana no Culturgal, en Pontevedra, un extenso catálogo con centos de propostas de compras e agasallos de Nadal. "Consideramos importante recoñecer as empresas que empregan con normalidade o…