A temática e o lema da sétima edición do Ciclo de Literatura Infantil e Xuvenil que este mes de outubro acolle o campus de Ourense é Para ler (n)un mundo sustentábel e para falar dun mundo e dunha literatura máis sostible este mércores achegáronse ao campus de Ourense os mestres e creadores Xabier Domínguez e Alba…

"O acceso ao sistema educativo exerce un forte efecto desgaleguizador nos nenos e nenas desde as idades máis temperás, moito antes do constatado nos estudos realizados ata o momento, centrados maioritariamente na adolescencia". É a dura realidade que sinala a RAG tras a presentación do Mapa sociolingüístico escolar de Ames no que se detecta unha perda…
A Mesa pola Normalización Lingüística anima a sociedade galega a "apagar as canles de RTVE" o vindeiro luns día 11 de outubro como protesta polo desprezo que sofre a nosa lingua por parte da televisión pública española e que, en palabras do presidente da entidade, Marcos Maceira, "acadaron a súa máxima expresión na emisión de…
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, inaugurou esta mañá o seminario internacional A morte e as súas representacións na LIX ibérica e iberoamericana, un encontro de reflexión e análise coordinado polo proxecto Investigación en Literatura Infantil e Xuvenil do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, dirixido pola investigadora Marta Neira e…
O xurado dos Premios á calidade lingüística da USC acaba de facer público o seu ditame na modalidade de traballos académicos. Esta convocatoria busca fomentar entre o alumnado a cultura da calidade ligada ao uso do galego. Na primeira das modalidades de que constan estes Premios, a dos traballos académicos de grao, concorreron dezaseis propostas,…
A Academia Galega de Língua Portuguesa e a Comissão Temática de Promoção e Difusão da Língua Portuguesa dos Observadores Consultivos da Comunidade dos Países de Língua Portuguesa celebra este luns no Centro de Estudos Avanzados da USC un foro que se desenvolve baixo o lema ‘Português, multilinguismo e ensino à distância’.
O reitor Antonio López presidiu…
O xenetista Ángel Carracedo (Santa Comba, 1955) e a psiquiatra Iria Veiga (Ferrol, 1981) protagonizan o último capítulo da serie ‘Conseguiremos’, a produción audiovisual que abre o proxecto da USC e da Real Academia Galega (RAG) ‘Novas voces para a lingua’, concibido para darlle voz á mocidade con talento que vive e crea en galego.…
O estudo da lingua e a literatura galega é obrigatorio en Galicia en todos os niveis educativos pre-universitarios. As tres universidades galegas (A Coruña, Santiago e Vigo) ofrecen estudos de lingua e literatura galegas a nivel superior. Nalgunhas universidades europeas e americanas tamén existen cátedras ou seminarios de estudos galegos.
En Galicia
A principal oferta…