Skip to content Skip to sidebar Skip to footer

A Deputación da Coruña abre o programa de subvencións para produtoras e distribuidoras de audiovisual en lingua galega

O xoves, 12 de decembro, a Deputación Provincial da Coruña fixo pública a entrada do 5 de decembro ao Boletín Oficial de la Provincia de A Coruña (BOP) unha convocatoria de axudas e subvencións para o vindeiro 2025 dirixidas a empresas produtoras, distribuidoras e encargadas da exhibición de obras audiovisuais en lingua galega pertencentes á…

Camões-Centro Cultural Portugués e Xunta de Galicia amosan as raíces comúns das linguas a través do teatro

O Salón Teatro, sede do Centro Dramático Galego en Santiago de Compostela, volve ser un dos escenarios do ciclo de teatro en lingua portuguesa Quintas do Camões, promovido polo Camões-Centro Cultural Portugués en Vigo. Un ano máis, a unidade teatral da Xunta de Galicia colabora con esta iniciativa co obxectivo de poñer o foco nas…

Luz Darriba, escritora con raíces lucenses e uruguaias: “Falo galego dobremente obrigada: é a lingua do territorio e das miñas orixes”

Cunha bagaxe familiar transoceánica, Luz Darriba mantén a lingua herdada do seu pai na súa volta a Lugo dende Uruguai. Mantén, do mesmo xeito, o brillar e resplandor do sol latino. Toda unha sinerxia de culturas, como a que lle vén á cabeza ao escoitar "levedar". Dende o seu compromiso co feminismo e o mantemento dunha…

A cultura impresa, reivindicada un ano máis dende o Instituto da Lingua Galega

Este 27 e 28 de novembro, o Instituto da Lingua Galega, contando coa colaboración do Consello da Cultura Galega e o Ministerio de Cultura, organiza na Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela o simposio "Cultura Impresa: materialidades, paradigmas e retos epistémicos". A liña de traballo, que contempla os riscos da difusión cultural…

Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística, un “compromiso” coa lingua na empresa

Este xoves fallaronse os Premios San Martiño de Normalización Lingüística que premian o emprego do noso idioma no sector empresarial. Así, o recoñecemento polo uso, promoción e difusión da lingua galega na categoría "Comarca Tabeirós-Terra de Montes"  foi recibido polo grupo empresarial estradense Valenciaga, adicado á hostalería. Celso Sanmartín, escritor e dinamizador cultural de…

As Tanxugueiras e Xurxo Souto participarán na mobilización pola lingua da plataforma Queremos Galego neste 17-N

Este 17 de novembro, a Praza da Quintana de Santiago de Compostela será o lugar dende o que diferentes colectivos e asociacións, motivados pola convocatoria nacional realizada pola plataforma Queremos Galego, se reunirán nunha "asamblea pola lingua" que mude "o rumbo do galego", segundo apunta o voceiro desta última, Marcos Maceira. No seu comunicado, apuntan…