Samuel Hofstetter ten 24 anos, é de Suíza e México, pero agora está vivindo en Madrid, estudando Relacións Internacionais.
Di que comezou a ter contacto co galego por amizades e escoitando algún podcast, polo que vir a Santiago non foi o primeiro contacto coa lingua, pero ao principio dáballe “medo”. Agora, cre que é “hai moitísimo mundo por coñecer dentro desta lingua fermosa”.