Rubén González é de Ourense pero creceu en Vigo, onde case todo o mundo falaba castelán.
Despois, marchou cara a Sigüeiro, onde se falaba máis galego, así comezou en serio o seu cambio.
Co nacemento do seu fillo en 2015, decidiu implantar o galego na súa vida de forma cotiá para transmirlle esta lingua ás seguintes xeracións.
Sobre o estigma, di que o sufriu, pero que “só teño unha vida e prefiro vivila en galego”.