O Senado votou a prol de incluír unha emenda nos Orzamentos Xerais do Estado de 2022, polo que as contas públicas terán que volver ao Congreso dos Deputados para a súa votación o próximo 28 de decembro, cando quedarían definitivamente aprobados para a súa entrada en vigor o 1 de xaneiro.
Así, o Goberno non vai poder presenciar este martes desde o hemiciclo do Senado –está a celebrarse a sesión de control e están presentes a maioría de ministros– a aprobación definitiva dos Orzamentos Xerais do Estado para 2022, que ao sufrir esta modificación, terán que volver ao Congreso, rompendo así os plans e desexos do Executivo, que esperaba dar por concluída hoxe a tramitación parlamentaria das contas.
En concreto, trátase da emenda de Compromís sobre linguas minoritarias, que puido saír adiante grazas ao apoio do PP e ao doutras formacións, como ERC, que asegura que a pesar deste apoio, respectou o acordo que tiña cos partidos do Goberno.
Na emenda, emitida como voto particular polo senador Carles Mulet García, exponse a promoción e difusión das linguas protexidas pola Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias ás comunidades autónomas de Galicia, Asturias, Euskadi, Navarra, Aragón, Cataluña, Valencia e Baleares, por importe de 1,6 millóns de euros. Toda a información no Galicia Confidencial.