Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

“Pai noso que estás no ceo”…. Misais en galego para revitalizar a nosa lingua

Máis misais en galego nas igrexas do país. Ese é o obxectivo dun convenio entre a Consellería de Cultura e o Arcebispado de Santiago para tentar concienciar tamén aos curas da necesidade de potenciar e usar o noso idioma nos rituais relixiosos. Por iso acabase de publicar unha nova versión actualizada e revisada do Misal Romano en galego.

Deste xeito, e a través dun convenio co Arcebispado de Santiago, editáronse 1.500 exemplares baixo o selo da editorial da Conferencia Episcopal Española, que se distribuirán a través das dioceses galegas. O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, e o bispo de Ourense, Leonardo Lemos Montanet, explicaron que se trata dunha edición revisada e actualizada do texto, respectuoso co medio ambiente e que tamén estará dispoñible en soporte dixital.

“FAVORECE A DINAMIZACIÓN”

Pola súa banda, o conselleiro de Cultura, José López, dixo que esta iniciativa nace da colaboración con outras institucións para achegarse a “grandes grupos” da poboación. Así, destacou que este misal “favorece a dinamización da lingua no ámbito litúrxico facilitando que os sacerdotes poidan oficiar as cerimonias relixiosas católicas en galego”.

“Contar con este libro é todo un logro, o resultado dun exhaustivo traballo para actualizar os textos desde a súa primeira publicación, isto require un esforzo porque non se pode editar por unha editorial común”, esgrimiu. Nesta liña, indicou que “outro dos avances” é contar co Misal Romano en galego en soporte dixital, xa que estará dispoñible para as persoas interesadas no ‘Portal da Lingua’, co obxectivo de “incentivar” o contido en galego no ámbito das tecnoloxías.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.