Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Pablo Rañales, neofalante: “O galego permite que esteamos no mundo cunhas raíces moito máis fondas”

Pablo Rañales ten 24 anos, é de Mugardos e é xornalista e escritor.

Sempre falou castelán pola influencia da comarca de Ferrolterra, pero despois de facer o seu Erasmus en República Checa, decidiu comezar a falar en galego.

Di que percibiu moita ilusión por parte das súas amizades cando comezou a falar en galego, pero si que recoñece que existe “un estigma moi mercantilista”, ao que el responde que o galego “permite posicionarnos no mundo cunha singularidade moi rica e diversa”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.