Ir ao contido Ir á barra lateral Ir ao pé de páxina

Os Premios San Martiño de Normalización Lingüística, un “compromiso” coa lingua na empresa

Este xoves fallaronse os Premios San Martiño de Normalización Lingüística que premian o emprego do noso idioma no sector empresarial. Así, o recoñecemento polo uso, promoción e difusión da lingua galega na categoría “Comarca Tabeirós-Terra de Montes”  foi recibido polo grupo empresarial estradense Valenciaga, adicado á hostalería. Celso Sanmartín, escritor e dinamizador cultural de Lalín, recibiu a distinción no apartado “Galicia entera”. Cántigas e Frores, agrupación tradicional de Lugo, foi premiada por “Unha vida enteira” pola súa perservación da cultura galega ao longo dos seus 75 anos.

Ao acto participaron o  conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos, participou nos Premios San Martiño de Normalización Lingüística xunto co secretario xeral da Lingua, Valentín García. Sobre estes sinalou que “siguen reconociendo año tras año el compromiso de la sociedad con nuestra lengua y con nuestra cultura, contribuyendo al prestigio del idioma en ámbitos muy diversos”.

López Campos recordou, sinalando ás últimas propostas do departamento, a intención de declarar ao 2025 o Año Castelao con motivo do 75 aniversario da figura, e co que, destacou, “tenemos por delante una gran oportunidad de celebrar nuestra cultura y que el año que viene sea el año de Galicia y el año de nuestra lengua”.

Deixe un comentario

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.